Non teras un pouco sal?

jueves, 17 de julio de 2008

Como pedir unha cita para o Sergas dende casa

A pesares de que tamén se pode pedir cita médica chamando directamente ó teléfono do centro de saúde que corresponda, a forma máis cómoda e sinxela para pedir cita para o Sergas é a través da web de Cita de atención primaria, ahí temos a seguinte información:



Deberemos premer na solicitude de cita para pedir cita co médico, tamén podemos consultar as citas pendentes. Despois chegaremos a outra páxina onde teremos que incluir os datos da nosa tarxeta sanitaria tal e como se sinala no gráfico seguinte: a primeira liña enmarcada en cor azul deberemola escribir nos primeiros cadros blancos á dereita, e o mesmo coa segunda liña enmarcada da nosa tarxeta.



Por último xa nos aparecerá o nome do noso médico e o centro de saúde que nos correponde, puidendo elixir a data e as horas que queden dispoñibles.



É realmente sinxelo, e non hai que facer colas de media hora.
posted by Veciñanza at 11:38

0 Comments:

Publicar un comentario

<< Home