Non teras un pouco sal?

jueves, 26 de junio de 2008

Veciñanza na Real Academia Galega

1. Calidade do que está próximo ou circunstancia de estar próximo. A veciñanza das vacacións animábao a esforzarse.

2. Conxunto de persoas que viven nun mesmo edificio, barrio ou poboación. Acudiu toda a veciñanza a apaga-lo lume.

3. Conxunto de lugares próximos a aquel do que se fala. Na veciñanza da vila oíase o ruído dos automóbiles.

Sinónimos: aforas, alfoz, arredores, arrabaldes

dende a Xunta Local de Novas Xeracións de Ourense dende este blog tentaremos de contentar ás tres acepcións: tentaremos de estar próximos ós veciños, ó conxunto deles e de recoller todo o que estando próximo pague a pena contar.
posted by Veciñanza at 16:21 0 comments

lunes, 23 de junio de 2008

Centro de interpretación da lagoa de Antela

Acábase de abrir a Casa da Lagoa de Antela. Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa de Antela a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela e a súa desecación, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.

Para iso preténdese levalo cabo a través de soportes audiovisuais, paneis interpretativos, explicacións didácticas, etc. Por medio destes recursos os visitantes poderán observar e coñecer a gran diversidade de aves que habitan de forma esporádica ou permanente na nosa comarca, tentando con isto incrementar a sensibilidade medioambiental, así como implicar ós visitantes na salvagarda do noso patrimonio cultural e medioambiental.

Se algunha asociación quere visitar este interesante centro de interpretación pode concertar a visita ou recibir máis información chamando ó telefono 635605953 ou correo electrónico casadalagoadeantela@yahoo.es
posted by Veciñanza at 16:05 0 comments

jueves, 19 de junio de 2008

Blog de veciñanza de Ourense

Este é o blog da área de Veciñanza da Xunta Local de Novas Xeracións, dende onde canalizaremos toda a actividade veciñal que imos levar a cabo.

O noso correo, como non podia ser outro: nonterasunpoucosal@gmail.com
posted by Veciñanza at 0:46 0 comments